O pasado 5 de setembro tivo lugar a xornada virtual de presentación da licitación de Compra Pública Precomercial do proxecto Innova MicroLab

 

O 5 de setembro de 2022, tivo lugar o webinar de presentación da licitación de Compra Pública Precomercial do proxecto Innova MicroLab na cal participaron máis de 40 persoas.

Dende a Conselleria de Sanidade promoveuse este proxecto, apoiándose no financiamento da Liña de Fomento de Innovación dende a Demanda para a Compra Pública de Innovación (Liña FID-CPI) do Ministerio de Ciencia e Innovación financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 (FEDER).

Dentro do proceso de CPI, o proxecto atópase na fase de publicación do prego para recibir as propostas ata o 15 de setembro ás 14 horas, segundo os detalles no perfil de contratación.

Innova MicroLab comprende dous retos: (1) Diagnóstico microbiológico ultrarrápido de patoloxías infecciosas e (2) Estudo do microbioma e a súa posible vinculación a certas patoloxías e/ou tratamentos. Os aspectos máis relevantes das condicións de contratación do servizo de deseño e desenvolvemento de plataformas automatizadas e integrais de diagnóstico rápido avanzado de patoloxías infecciosas e cultivo, incubación e análise do microbioma humano. Estes retos trasladáronse a tres lotes na CPP, os cales se presentaron durante o webinar do 5 de setembro 2022.

A apertura do seminario web foi realizada por Antonio Fernández-Campa, xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), entidade que acompaña todo o proceso de definición e execución do proxecto. Fernández-Campa presentou os datos relevantes do proceso de CPM previo, así como a definición da estratexia da licitación.

Seguidamente, o microbiólogo Germán Bou presentou o obxecto da contratación, describindo a necesidade e os requisitos funcionais e da fase de validación a destacar en cada lote. A continuación, Luisa Cartelle Vázquez, xefa de servizo de contratación da área sanitaria da Coruña-Cee comezou a debullar o prego de CPP resaltando as cuestións crave para a participación na licitación. Posteriormente, Alicia Piñeiro Redondo, xefa de consultoría GALARIA, continuou coas cuestións crave para a execución do proxecto e futura comercialización.

Trala presentación dos aspectos crave dos pregos abriuse unha quenda de preguntas no cal os participantes puideron participar en diálogo cos panelistas. Finalmente, Luís Verde Remeseiro, xerente da área sanitaria da Coruña e Cee clausurou o acto animando ás empresas para participar

Agradécese a todas as entidades participantes e ao ecosistema innovador de saúde pola súa participación no seminario.

Queres volver a ver a xornada virtual?
Xornada virtual CPP Innova MicroLab (en diferido)

O proxecto Innova MicroLab conta cun orzamento de 5,7 M. euros financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia e Innovación.