Xornada de consultas ao mercado de Innova MicroLab

 
Inscríbete na Xornada de Presentación da Consultas Preliminares ao Mercado que o Servizo Galego de Saúde pon en marcha para lograr dous retos crave:
 
  • Reto 1: Diagnóstico microbiológico ultrarrápido de patoloxías infecciosas identificando mecanismos de resistencia a antimicrobianos.
  • Reto 2: Personalización de terapias baseada no estudo do microbioma.
 
9 de XULLO
Evento presencial Hospital Ouniversitario A Coruña (4ª planta) / Streaming vía GoToWebinar
 
Por motivos de aforo e para o cumprimento de todas as normativas de seguridade en relación ao COVID-19, as prazas presenciais son limitadas e reservaranse por rigoroso orden de inscrición.
 
Rexístrate ao evento aquí: https://bit.ly/2UGZ0qw

O proxecto Innova MicroLab conta cun orzamento de 5,7 M. euros financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia e Innovación.