En que consiste o proxecto Innova MicroLab?

 

Innova MicroLab xorde da necesidade de encarar un grave problema de saúde existente a nivel mundial como son as resistencias a antimicrobianos e evitar a posibilidade de que determinadas infeccións se convirtan en incontrolables por este motivo. A través da Compra Pública Innovadora preténdese desenvolver dúas plataformas tecnolóxicas totalmente automatizadas que redundan de maneira clara e directa na saúde dos cidadáns, centradas en dous retos:

  • Reto 1: o diagnóstico microbiolóxico ultrarrápido de patoloxías infecciosas.
  • Reto 2: o estudo da evolución do microbioma en pacientes con enfermidades metabólicas.

O proxecto conta cun orzamento de 5,7 M. euros financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

 

Obxectivo Temático
1 Fortalecer  as capacidades en I+D +i que permitan o  desenvolvemento  de vínculos e a creación de sinerxias entre o sector público e o sector empresarial; e estimular o investimento empresarial en I+D+i, a través de instrumentos tanto de oferta como de demanda, contribuíndo a mellorar a competitividade empresarial apoiada na innovación e a creación de emprego de alto valor engadido.
 
Eixo Prioritario
1b O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxias entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento.
 
Obxectivo Específico
1.2.1 Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública de innovación.
 
Actuación
004 Línea de Fomento da Innovación desde a Demanda (FID)  e da Compra Pública Innovadora (CPI)

O proxecto Innova MicroLab conta cun orzamento de 5,7 M. euros financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia e Innovación.